Xiaomi prepara unhas lentes con pantalla
martes, 14 de setembro do 2021
Sen confirmar se realmente chegará a ser un produto
comercial presentáronse as Xiaomi
Smart Glasses, unhas lentes de só 51 gramos de peso que integran tecnoloxÃa
óptica microLED para poder amosar para un dos nosos ollos mensaxes e
notificacións, servindo tamén para realizar chamadas, navegar, tomar
fotografÃas ou traducir de xeito automático o texto que temos diante da vista.
O chip para a pantalla destas lentes terÃa un tamaño de só 2,4 e 2,02
milÃmetros, contarÃa con pÃxeles de só 4 micrómetros, e optar por unha solución
de pantalla monocroma para poder conseguir un brillo de até 2 millóns de nits,
para que asà as imaxes amosadas sexan visibles incluso baixo a luz do sol.
Estamos ante un produto bastante complexo, que Xiaomi asegura que non será
unicamente unha segunda pantalla
do noso smartphone, xa que contarÃa con capacidades para funcionar de xeito
autónomo, como a navegación, o disparo de fotografÃas, a tradución de texto en
tempo real e incluso a función de teleprompter.
Un dos retos das Xiaomi Smart Glasses é que non sexan demasiado intrusivas,
limitándose a amosar a información precisa en cada ocasión, para o que define
escenarios como notificacións importantes, chamadas telefónicas, navegación e
tradución de fotografÃas, buscando asà que a pantalla das lentes resulte
práctica e non sexa demasiado molesta interrompendo as nosas actividades cotiás;
permitir chamadas nÃtidas co sistema sonoro integrado; guiarnos nos nosos
desprazamentos sen que perdamos de vista a rúa; e analizar imaxes captadas pola
súa cámara de 5 MpÃxeles, recoñecendo o texto para poder transcribilo a voz e
traducilo en tempo real.
Pero o máis importante de todas estas funcións é o feito de poder equipalas nun
produto coa forma de lentes tradicionais, aÃnda que é todo un misterio se as
lentes chegarán ao mercado nun tempo razoable, sen ter que agardar á
prometedora tecnoloxÃa de realidade mixta que perseguen varios fabricantes.
VÃdeo de presentación das Xiaomi Smart Glasses