Xiaomi presenta o primeiro smartphone Redmi con 5G
venres, 8 de xaneiro do 2021
Xiaomi
celebrou esta mañá unha das súas meirandes presentacións de produtos, con novos
smartphones e dispositivos, entre os que destacaron os novos integrantes da
familia Redmi, que continúan na súa liña ofrecendo grandes prestacións a prezos
reducidos.
Redmi Note 9T
O grande protagonista da xornada serÃa o Redmi Note 9T, un teléfono
equipado cun procesador MediaTek Dimensity 800U, o que permÃtelle ofrecer
conectividade 5G con soporte para dúas tarxetas SIM á vez, que estrearÃa a 5G
na familia Redmi e colocarÃase como un dos teléfonos con esa conectividade máis
económicos do mercado.
Tamén é rechamante a súa cámara traseira tripla, cun sensor principal de 48
MpÃxeles (apoiado por uns pouco relevantes sensores de profundidade e macro de
2 MpÃxeles), que promete boas fotografÃas incluso de noite e grava vÃdeo en 4K.
Na súa frontal ten unha pantalla Full HD+ de 6,53 polgadas cunha perforación para
acoller unha cámara de 13 MpÃxeles. Presume de son estéreo, NFC, lector de impresións
dixitais lateral e baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 18 watts (inclúe un
cargador de 22,5 watts).
O Redmi
Note 9T véndese a 249,99 euros con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e a
269,99 euros con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, aÃnda que na
presentación internacional do produto daban como prezo 229 euros, e tamén
aseguran que poderán conseguirse nunha oferta de lanzamento por 199/249 euros o
vindeiro dÃa 11.
Redmi 9T
Pero os usuarios que queren un produto máis compacto e económico tamén teñen unha
boa proposta de Xiaomi, o Redmi 9T,
que chega cun procesador Qualcomm Snapdragon 662 (ou sexa, que prescinde da
5G), pantalla Full HD+ de 6,53 polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor
principal de 48 MpÃxeles (xunto cun sensor ultra grande angular de 8 MpÃxeles e
sensores macro e de profundidade de 2 MpÃxeles), cámara frontal de 8 MpÃxeles
situada nunha pestana central na parte superior da pantalla, lector de
impresións dixitais lateral, NFC, emisor de infravermellos, toma de auricualres,
altofalantes duais e, como caracterÃstica estrela, unha baterÃa de 6.000 mAh con
carga rápida de 18 watts (inclúe un cargador de 22,5 watts).
Venderase a
179,99 euros con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e a 199,99 euros con
128 GB de almacenamento, que mañá mesmo estarÃa dispoñible cunha oferta de
lanzamento a 159/189 euros.
VÃdeo do evento no que se presentaron os novos Redmi