Xiaomi presenta o seu primeiro televisor curvo de 65 polgadas
mércores, 23 de marzo do 2016
O popular fabricante chinés Xiaomi non se limita a rachar o
mercado dos smartphones, senón que tamén está a esforzarse a facer o mesmo cos
Smart TV, e aÃnda que polo momento non vemos estes produtos en Europa, deixan
claro que dende China poderÃan pronto facer sombra aos fabricantes surcoreanos
de continuar con pantallas tan atractivas como as dos novos Mi TV 3S, televisores que chegarán en dous
formatos distintos: pantalla ordinaria de 43 polgadas e pantalla curva de 63 polgadas.
Deste xeito, Xiaomi consegue colocar un grande produto dentro dos televisores
de alta gama, onde non só competirÃa en prezo, senón tamén en innovación, xa
que o Mi TV 3S serÃa o primeiro televisor curvo de Xiaomi, que mantén o
caracterÃstico grosor dos seus últimos modelos (a pantalla ten un grosor de só 5,9
milÃmetros e un corpo de metal, polo que lembra máis a unha tableta actual que
a un televisor tradicional), o seu potente hardware para poder acceder a
contidos audiovisuais na Rede e incluso son de alta calidade, para o que inclúe
tamén unha barra de son, mantendo o prezo en 8.999 iuans (1.238 euros),
cantidade moi axustada para o que podemos considerar unha boa experiencia de
cine na casa.
O interior do Mi TV 3S de 65 polgadas pode lembrarnos a unha tableta ou
smartphone, xa que este televisor de ultra alta definición funciona cun procesador MStar 6A928
de catro núcleos a 1,4 GHz con gráfica Mali-760, 2 GB de RAM e 8 GB de
almacenamento interno, de xeito que tanto pode descodificar por hardware vÃdeo
4K a 60 fotogramas por segundo empregando o codificador H.265 de 10 bits (incorporando
soporte para os formatos de vÃdeo máis populares do mercado), como pode executar
aplicacións con solvencia (funciona
cunha versión de Android adaptada a televisores). Tamén conta con
conectividade Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, 3 portos HDMI 2.0, 1 porto USB 2.0, 1
porto USB 3.0, entrada VGA e toma Ethernet.
Modelo económico de 43 polgadas
Pero Xiaomi non só quere impresionar ao público coa
experiencia cinematográfica das 65 polgadas, senón que tamén quere chegar a
usos máis modestos, de aà que o MiT V S3 tamén conte cun modelo Full HD de 43
polgadas, que tamén goza das grandes prestacións de Smart TV propias de Xiaomi
e o deseño elegante da súa pantalla (que presente un corpo de aliaxe de aluminio
de só 10,9 milÃmetros de grosor) a un prezo especialmente atractivo: 1.799
iuans (247 euros). Xiaomi incluso presume de que este impresionante e económico
televisor só pesa 9,32 quilogramos, aÃnda que o seu interior tampouco queda
atrás, xa que funciona cun procesador Mstar 6A908 de catro núcleos a 1,45 GHz,
con gráfica Mali-450, 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento interno, que pode
descodificar por hardware vÃdeo en H.265 a 60 cadros por segundo a 1.080p,
contando tamén con Wi-Fi N de dobre banda, Bluetooth 4.0, 1 portos HDMI 1.4, 1 porto USB 2.0, 1 porto USB 3.0 e
toma Ethernet. Unha opción extraordinariamente atractiva para os que queiran un
Smart TV a un prezo económico, que por desgraza aÃnda non pode adquirirse en
Europa.
- O Mi TV 3S de 43 polgadas presenta un elegante marco metálico de só 10,9 milÃmetros de grosor