Xiaomi presenta o seu stick con Android TV
xoves, 16 de xullo do 2020
Xiaomi presentou
numerosos produtos que finalmente chegarán ao mercado europeo estes dÃas,
entre os que destaca especialmente o Mi TV Stick, un pequeno trebello con mando
a distancia que permite gozar de Android TV en pantallas con entrada HDMI,
integrando son Dolby, DTS, o Asistente de Google e a función de Chromecast,
polo que pode considerarse como un produto ideal para os que queren gozar das
funcións máis avanzadas dun Smart TV recente, pero sen ter que renovar o seu
televisor.
O Mi TV Stick serÃa un competidor directo do Fire TV Stick de Amazon e dun
rumoreado Chromecast que poderÃa chegar ao mercado en breve; estando equipado
cun procesador de 4 núcleos, 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento interno, onde
poder instalar numerosas aplicacións entre as que non faltan Netflix ou Prime
Video.
Estamos ante un produto que ofrece vÃdeo en Full HD, descoñecéndose polo
momento se haberá versión 4K no futuro (como acontece co trebello de Amazon), e
o seu prezo será de 39,99 euros, polo que semella unha opción moi atractiva
para moitos. Verémolo nas tendas a partir do 25 de xullo.