Xiaomi presenta os seus primeiros ordenadores portátiles
mércores, 27 de xullo do 2016
- O prezo dos portátiles de Xiaomi con pantalla de 13,3 polgadas será de só 4.999 iuans (682 euros)
Tras moitos meses rumoreándose que Xiaomi Ãa entrar no
mercado dos ordenadores persoais, por fin presenta o seu Mi Notebook Air, que xa polo seu nome
deixa claro que está inspirado no MacBook Air, no que se diferencia
principalmente por funcionar con Windows 10 e ter un prezo moi axustado, que o
converterá en todo un éxito nos mercados nos que se comercializa directamente.
Chegará en dous formatos, con tamaños de pantalla de 12,5 e 13,3 polgadas a
prezos que parten dos 3.499 e 4.999 iuans respectivamente (477 e 682 euros), de
xeito que adaptaranse a diferentes perfÃs de uso e petos.
Estes novos portátiles son moi atractivos, cun coidado deseño metálico (en cor
ouro ou prata), teclado retroiluminado e carga a través e USB-C, pero sen
esquecer portos USB 3.0 adicionais para accesorios, sorprendendo o feito de que
non presenten logotipos externos. O modelo máis cativo ten unha pantalla Full
HD de 12,5 polgadas, procesador Intel Core m3, gráfica Intel HD 515, 4 GB de
RAM, 128 GB de SSD, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, saÃda HDMI, webcam 720p, 1 porto
USB 3.0 de formato normal e outro USB-C para a carga, toma para auriculares,
unhas dimensións de 292 x 202 x 12,9 milÃmetros e un peso de só 1,07
quilogramos. Non só o seu tamaño facilita a súa mobilidade, senón que a súa
baterÃa tamén xoga un gran papel nese aspecto, xa que achégalle unha autonomÃa
de até 9,5 horas de reprodución de vÃdeo en liña ou 7,5 horas de navegación
web, soportando un modo de carga rápida co que a baterÃa cargarÃase até a
metade en só 30 minutos.
Os usuarios máis esixentes poderÃan optar polo modelo con pantalla Full HD de
13,3 polgadas, cun procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM, 256 GB de SSD,
gráfica nVIDIA GeForce GT 940 MX con 1 GB de memoria, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, webcam
720p, 1 porto USB-C, 2 portos USB 3.0, saÃda HDMI, toma para auriculares, unhas
dimensións de 309,6 x 210,9 x 14,8 milÃmetros e un peso de 1,28 quilogramos,
que conta cunha autonomÃa de até 8 horas de reprodución de vÃdeo en liña e 7,5
horas de navegación web.
Estes equipos sairán á venda en China o vindeiro 2 de agosto, e polo momento
non se sabe se terán distribución internacional. Como curiosidade os portátiles
contarán con accesorios oficiais como unha funda con formato de sobre (que tan
popular fixera Apple na presentación do MacBook Air orixinal) e skins adhesivas para personalizar a
aparencia externa dos equipos.
- Os portátiles Mi Notebook Air teñen un deseño moi semellante aos Macbook Air de Apple
- Os novos portátiles teñen pesos de só 1,07 e 1,28 quilogramos