Xiaomi presenta un concepto de lentes de realidade aumentada

luns, 27 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Dentro da liña de innovación de Xiaomi a compañía chinesa presenta as Xiaomi Wireless AR Glass Discovery Edition, unhas lentes cun deseño lixeiro e unha estrutura de fibra de carbono e aliaxe de magnesio e litio, que permiten gozar de contidos virtuais e da realidade cun único toque.
Aínda estamos cun produto conceptual, pero prometedor, baseado en procesadores Snapdragon XR2 Gen 1 (os mesmos usados en Meta Quest Pro). O seu peso é de 126 gramos, e aínda que son bastante máis voluminosas que unhas lentes de sol tradicionais, son unha boa aproximación ás lentes de realidade aumentada que perseguen moitos fabricantes, destacando esta solución por funcionar sen fíos e por contar con tecnoloxía de detección de mans, conseguindo un control por xestos que podería ter grandes posibilidades se ligamos as lentes cun smartphone Xiaomi 13.

PUBLICIDADE