Xiaomi presenta un concepto de móbil con pantalla de cuádrupla curva
venres, 5 de febreiro do 2021
Como demostración de que Xiaomi é un fabricante chinés
innovador presenta
un smartphone conceptual cunha pantalla en cascada de catro curvas, ou
sexa, que en vez da tradicional pantalla curva polos laterais, este prototipo
de teléfono estende a pantalla tamén pola parte superior e inferior do
terminal, o que supón todo un reto xa que esas zonas aprovéitanse normalmente
para colocar altofalantes e micrófonos, e así pode presumir de levar ao máximo
expoñente o concepto de todo pantalla sen chegar a converter en pantalla
tamén a parte traseira do terminal.
Dende Xiaomi describen esta pantalla como con cristal de curvado cuádruplo de
88 graos, o que resulta máis complicado que o proceso ordinario de cristal
curvo, e aínda que o proceso de fabricación sexa o elemento máis complexo deste
teléfono, o detalle que tería máis rechamante para o usuario é que estariamos
ante un móbil sen portos e sen botón físicos, de xeito que todas as
interaccións realizaríanse a través da pantalla táctil.
Para poder facer posible que un dispositivo así funcione hai que combinar numerosas
tecnoloxías, como cámara frontal oculta na propia pantalla, carga sen fíos,
eSIM (xa que carece de bandexa para tarxetas SIM) e distintos sensores de
presión para que un teléfono tan revolucionario sexa funcional.
Queda por ver se este produto chegará realmente ás tendas, xa que falamos dun
móbil que non tería unha demanda real e o seu prezo sería moi elevado, polo que
podemos entender a súa presentación como unha simple demostración de forza de
Xiaomi.
Vídeo co que Xiaomi presenta o seu móbil conceptual con pantalla de cuádrupla curva