Xiaomi presenta un router doméstico capaz de mover até 6.000 Mbps
martes, 29 de decembro do 2020
No evento de presentación do novo Mi
11 dende Xiaomi deron conta dun produto que o complementa moi ben, o Mi
AIoT Router AX6000, o que definen como un router premium con soporte de
Wi-Fi 6 que presume de ofrecer até 6.000 Mbps de velocidade de transmisión sen
fÃos (4.804 Mbps na banda dos 5 GHz e 574 Mbps na banda dos 2,4 GHz) e de ser o primeiro router con soporte da tecnoloxÃa QAM 4K que consegue
mellorar a velocidade nun 20%.
Este novo router tamén conta cun porto Ethernet a 2.500 Mbps (asà como 3 portos
máis a 1 Gbps), 6 amplificadores de sinal independentes e compatibilidade con
redes de malla.
Pese a todas as bondades do Mi Router AX6000, o seu prezo de venda queda en só 599 iuans (75 euros), converténdose nun produto moi atractivo para fogares con moitos dispositivos conectados, que asà poden aproveitar ao máximo a banda larga que teñan dispoñible, algo especialmente complicado a través de conexións sen fÃos.