Xiaomi presenta un smartphone con procesador de seu
martes, 28 de febreiro do 2017
O fabricante chinés Xiaomi, que normalmente monta nos seus
teléfonos procesadores de MediaTek e Qualcomm, leva tres anos investigando para
poder seguir os pasos de compañías como Samsung e Huawei (que teñen os seus procesadores
Exynos e Kirin) e por fin están listos para dar o grande paso de comercializar
un smartphone cun procesador propio, o Surge S1, que estrearase dentro do Mi
5c.
Mi 5c: delgado, lixeiro e barato
O Mi 5c sería un
smartphone que buscaría presentar un deseño ultra delgado (só 7,09 milímetros
de grosor) e lixeiro (132 gramos de peso) e unha potencia máis que suficiente subministrada
polo novo procesador Surge S1 de 8 núcleos de 64 bits (4 núcleos a 2,2 GHz e
outros 4 a 1,4 GHz). Vén equipado con 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas de memoria), pantalla JDI de 5,15 polgadas
(Full HD cunha luminosidade de 550 nits), cámara traseira de 12 Mpíxeles cun
tamaño de píxel no seu sensor de 1,25 micrómetros, cámara frontal de 8 Mpíxeles
con apertura f/2.0, lector frontal de pegadas dixitais, batería de 2.860 mAh
que pode cargarse mediante USB-C (con carga rápida e unha autonomía que promete
ser dabondo para unha xornada completa) e sistema operativo MIUI baseado en
Android 7.1 que estando un paso por diante dos teléfonos da familia Redmi consegue
manter un prezo moi contido, xa que venderase a 1.499 iuans (206 euros).
Vídeo promocional do Mi 5c de Xiaomi
Redmi 4X: a mellor autonomía ao menor prezo
Pero para a grande masa se seareiros de Xiaomi posiblemente
resulte máis atractivo o Redmi 4X, un
novo smartphone e aposta por un tamaño contido, unha autonomía extraordinaria e
un prezo moi axustado. Concretamente o Redmi 4X funciona cun procesador
Qualcomm Snapdragon 435 a 1,4 GHz, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas de até 128 GB), pantalla de alta
definición de 5 polgada con cristal curvado 2.5D, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles,
lector traseiro de pegadas dixitais e unha xenerosa batería de 4.100 mAh con
carga rápida 3.0. Venderase a 699 iuans (96 euros) con 2 GB de RAM e 16 GB de
almacenamento, e a 899 iuans (124 euros) na súa versión con 3 GB de RAM e 32 GB
de almacenamento.
- Os novos smartphones de Xiaomi comercializaranse con tres cores de carcasa distintas (negro, rousa e ouro).