Xiaomi presenta unha nova pulseira de actividade económica

xoves, 21 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Xiaomi presentou hoxe na India unha nova pulseira de actividade que continúa na teima da compañía chinesa en facer este tipo de produto cada vez máis accesible, xa que a nova Mi Smart Band 3i sae á venda a un prezo de 1.299 rupias (16 euros) cando a Mi Band 3 véndese a 1.799 rupias, de xeito que o axuste de prezo é bastante importante.
A nova Mi Band 3i ten unha pantalla AMOLED táctil de 1,2 x 1,9 centímetros, a súa batería de 110 mAh ofrece unha autonomía de até 20 días de uso, e pode facer seguimento de pasos, do sono e do consumo de calorías.
Como outros produtos semellantes, tamén pode empregarse para recibir notificacións do móbil ou empregarse para localizar o teléfono se o perdemos. A pulseira tamén é resistente á auga até 5 atmosferas, ou sexa, que sería seguro o seu uso na piscina e na ducha.
Aínda non se sabe cando chegará este produto a España, pero tendo en conta que aquí a Mi Band 3 véndese a 29,99 euros, polo que, de manterse a proporción de prezo, podería custar só 22 euros.

A Mi Smart Band 3i é un bo accesorio durante a práctica deportiva

PUBLICIDADE