Xiaomi presenta unha tecnoloxÃa de carga sen fÃos a 80 watts
luns, 19 de outubro do 2020
Continúa a carreira pola carga rápida en móbiles, e Xiaomi aborda
agora a carga por indución anunciando
unha nova tecnoloxÃa de carga sen fÃos de 80 watts, o que supón un grande
salto sobre os 30 watts de carga sen fÃos presentados o ano pasado e quedando a
unha longa distancia dos 15 watts da carga sen fÃos dos iPhone 12 con MagSafe.
Coa tecnoloxÃa Mi Wireless Charging de 80 watts é posible completar o 10% da
carga dunha baterÃa de 4.000 mAh en só 1 minuto, chegar até o 50% da mesma en 8
minutos e cargala completamente en 19 minutos, o que supón un grande salto
fronte á tecnoloxÃa do ano pasado, que precisaba de 25 minutos para cargar a
baterÃa pola metade e 69 minutos para unha carga completa.
Durante os últimos meses Xiaomi foi introducindo tecnoloxÃas de carga sen fÃos
de 40, 50 e 80 watts, demostrando a marxe de mellora que ten este tipo de
carga, e non falamos de tecnoloxÃas de laboratorio, senón de aplicacións en
produtos reais, como o Mi 10 Ultra, que conta con carga sen fÃos de 50 watts e
carga con cable de 120 watts, polo que é un grande exemplo do que dan de si as
tecnoloxÃas de carga rápida, que están a contrastar coa tendencia de incorporar
baterÃas de grande capacidade, xa que a redución dos tempos de carga fai que a
capacidade das baterÃas deixe de ser un problema, mudando drasticamente os hábitos
de carga, xa que en vez de deixar o móbil cargando toda a noite agora chega con
conectalo a corrente en tempos mortos.