Xiaomi presenta uns auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo moi económicos
mércores, 21 de xullo do 2021
Xiaomi vén de revolucionar o mercado dos auriculares sen
fÃos cos seus novos Redmi Buds 3 Pro,
que aÃnda que non teñan prestacións que non se visen antes noutros dispositivos,
conseguiron achegar grandes caracterÃsticas a un nivel de prezo sen competencia,
xa que estes auriculares sen fÃos teñen un prezo moi agresivo, por debaixo dos
50 euros e que, con desconto, poden mercarse en
AliExpress por só 31,13 euros.
Pese ao reducido prezos estamos a falar duns auriculares sen fÃos con
conectividade Bluetooth 5.2, cancelación de ruÃdo activa de até 35 dB, con
carga sen fÃos e unha autonomÃa de até 6 horas cunha única carga (até 28 horas grazas
ao seu estoxo de carga), carga rápida (consegue 3 horas de autonomÃa con só 10
minutos de carga), integra 3 micrófonos para conseguir cancelar o ruÃdo nas
chamadas, inclúe modo transparencia (para poder escoitar o son ambiental sen
ter que quitar os auriculares) e incluso permite emparellarse rápido e conectarse
a 2 dispositivos simultaneamente (para facer doado o salto entre o lecer e o
traballo).
Os Redmi Buds 3 Pro tamén detectan cando se retiran do ouvido para pausar
automaticamente a reprodución musical, teñen resistencia á auga IPX4 e inclúen
almofadas de silicona de 3 tamaños distintos para escoller as que mellor se suxeiten
ao ouvido.
- Os novos auriculares son moi compactos e con prestacións propias de dispositivos con prezos moito superiores