Xiaomi sae á caza dos consumidores que querÃan facerse cun Note7
martes, 25 de outubro do 2016
O
fabricante chinés Xiaomi parece ter atinado no momento para lanzar
comercialmente o seu smartphone Mi Note 2,
xa que chega cando se retira do mercado do Galaxy Note7, deixando a moitos
usuarios á espera por un novo terminal de grande tamaño, demanda que este novo
trebello quere responder cun dispositivo de alta gama e deseño moi coidado, que
moitos poderÃan chegar a confundir co produto de Samsung, xa que tamén conta
con pantalla curvada a ambos lados, e que comercializarase en cor negra e
prata.
Este novo smartphone presume da súa pantalla OLED curva de 5,7 polgadas de
elevado contraste e grande rango de cor, pero tamén vén moi cargado
tecnicamente, cun procesador Qualcomm Snapdragon 821, 6 GB de RAM (LPDDR4), 128
GB de almacenamento interno (USF 2.0) e baterÃa de 4.070 mAh con Quick Charge
3.0, caracterÃsticas de auténtico luxo ás que suman un procesador de audio de
alta definición, un GPS máis preciso e, moi especialmente, soporte completo de
NFC, de xeito que este móbil serÃa compatible cos sistemas de pagamento móbil
que están a imporse no mercado e aos que o mercado chinés parecÃa alleo. De
feito, a incorporación do NFC non é o único toque internacional do Mi Note 2, senón que tamén destaca por incluÃr
todas as bandas internacionais de LTE, de xeito que funcionarÃa coas redes 4G
de todas as compañÃas do mundo, o que é unha magnÃfica nova para os usuarios
que teñan pensado facerse con este dispositivo de importación ou pretendan
empregalo de viaxe.
A cámara deste móbil tamén apunta alto, cun sensor de 22,56 MpÃxeles e
gravación de vÃdeo en ultra alta definición con estabilización electrónica;
mentres que a cámara frontal queda nuns máis que xenerosos 8 MpÃxeles aos que
suma enfoque automático e efecto beleza
3.0 para optimizar os selfies.
Este atractivo smartphone chega en tres versións distintas, sendo a que vimos
de comentar (considerado o internacional)
a máis elevada, cun prezo de 3.499 iuans (474,34 euros), mentres que a versión
para o mercado interno chinés custarÃa 3.299 iuans (447,23 euros) e a versión
con só 4 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento interno custarÃa uns máis asumibles 2.799 iuans (379,45 euros).
- O novo teléfono véndese en cor negra e prata