Xiaomi venderá unha camiseta con monitorización cardÃaca
luns, 17 de xuño do 2019
A
plataforma de micromecenado de Xiaomi en China, Youpin, está a ser o promotor
de produtos moi interesantes entre os que está a chamar a atención unha camiseta conectada
da marca Zenph, que busca axudar a manter unha postura correcta e controlar
a frecuencia cardÃaca durante as sesións de adestramento.
Esta camiseta integra nas costas un sistema intelixente pasivo SensElast 3D que
mellora a nosa posición ao correr ou montar en bicicleta e tamén conta cun chip
situado no centro do peito que conta con función de electrocardiograma e
conectividade Bluetooth 4.2, de xeito que a través dunha aplicación móbil
poderemos coñecer o ritmo cardÃaco, a capacidade pulmonar e a distancia
percorrida.
A súa baterÃa ten unha autonomÃa de até 20 horas de uso continuado
e pode recargarse mediante microUSB.
A camiseta está deseñada para unha boa transpiración, á vez que evita que o
corpo se arrefrÃe durante as pequenas pausas. Chegará ao mercado chinés o
vindeiro 20 de xullo e o seu prezo será de só 199 iuans (25,58 euros) en talles
que van dende o S até o XXL.
- A camiseta integra un monitor cardÃaco no peito
- Os datos recollidos pola camiseta poden consultarse dende o móbil