Xixón permite o rexistro de parellas de feito a través da Rede
martes, 30 de outubro do 2007
O Concello de Xixón é o primeiro municipio de
España en ofrecer ós seus cidadáns a posibilidade de rexistrarse
coma parellas de feito a través da Internet. O Concello engade asà a
solicitude de inscrición no Rexistro Municipal de Unións de Feito á súa Oficina Virtual en Internet, á
que poden acceder os máis de 150.000 xixoneses con Tarxeta Cidadá.
Para concretar a inscrición no Rexistro un dos membros da parella deberá
presentar a solicitude e o outro integrante deberá confirmala identificándose
no sistema axeitadamente.