Xornal.com pechará antes de rematar o ano
luns, 19 de setembro do 2011
- Resulta curioso que se saiba do peche de Xornal.com cando o propio medio fala da fortaleza da empresa propietaria da súa editora
A
primeiros de agosto Xornal de Galicia abandonou a súa
edición impresa, aÃnda que á nova do peche seguÃrona unha serie de
declaracións de intencións asegurando que o medio
continuarÃa con forza apostando polos contidos dixitais, o que finalmente
quedou en nada, xa que esta mañá o Comité da cabeceira dixital xuntouse cos
propietarios da compañÃa para recibir a nova de que Xornal.com
pechará antes de rematar o ano, deixando sen traballo a 38 persoas.
O Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia (CPXG) (asà como a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela) xa reaccionou a esta información manifestando o seu lamento
pola decisión de Udramedios, propiedade do Grupo San José, de pechar Xornal.com
a pouco máis dun mes do cese da súa cabeceira impresa. O Colexio asegura que a
editora anunciou esta tarde ao comité de persoal a presentación dun ERE de
extinción e o comezo das negociacións para os despedimentos e amosa a súa
solidariedade cos traballadores á vez que critica que a editora bote atrás o
seu anuncio de manter o diario dixital.
- Exemplar do primeiro número da edición impresa de Xornal de Galicia
O BNG tamén publicou un comunicado lamentando o peche de Xornal.com pola perda
que supón para o pluralismo mediático do paÃs e o empobrecemento do debate
público que supón a perda dunha cabeceira informativa.
AÃnda que a edición en papel de Xornal de Galicia non chegou aos 3 anos de
vida, a súa contrapartida electrónica xa era un clásico da Internet galega,
presente dende 1999, polo que era todo un referente no sector ao que agora di
adeus como xa fixeron outros medios como Vieiros e GZnación (mentres que
Galicia Hoxe e A Nosa Terra morreron en papel pero sobreviven en dixital).
AÃnda que era de agardar que tras o peche da edición en papel houbese unha reestruturación
da compañÃa, non se esperaba a disolución da súa cabeceira dixital, posto que
antes do desembarco nos quioscos Xornal.com conseguira manterse cuns recursos
bastante reducidos, o que fixo que este anuncio foxe toda unha sorpresa.