XtremeNotebooks renova os seus portátiles para xogar

martes, 27 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados aos videoxogos no ordenador poden optar á adquisición de portátiles grazas ao lanzamento de equipos de elevadas prestacións coma os XtremeNotebooks 917V, que funcionan cun procesador Intel Xeon X3360 de catro núcleos a 2,88 GHz (no seu modelo máis caro), tarxeta gráfica nVIDIA 8800 ou Quadro FX en SLI, ata 8 Gb de memoria RAM, distintas opcións de disco (o que incluiría unidades SSD ou discos duros tradicionais de ata 7.200 rpm) e incluso a posibilidade de incorporarlle unha gravadora de Blu-ray.
Sobra dicir que estes equipos teñen uns prezos bastante elevados, pero o certo é que as súas prestacións se achegan máis ás dun servidor que ás dun equipo portátil. O seu modelo máis básico, cun procesador Intel E6850 a 3,0 GHz, unha pantalla de 17 polgadas cunha resolución de 1.600 x 1.050 píxeles, 1 Gb de RAM, 80 Gb de disco duro a 5.400 rpm, e unha gravadora de DVD custa 2.419 dólares (1.534,51 euros) mentres que a base do modelo superior é dun procesador de catro núcleos Intel X3360 custaría 3.669 dólares (2.346,49 euros), e que podería duplicar ou triplicar o seu prezo tras incorporar certas ampliacións coma gravador de Blu-ray, 8 Gb de RAM, pantalla de alta definición (1.920 x 1.200 píxeles) ou discos duros adicionais (pode integrar ata 3 unidades).

PUBLICIDADE