Xunta de Galicia, Rede CRUSOE e NTT DATA impulsan a cátedra interinstitucional en novas tecnoloxías para a dixitalización

venres, 19 de setembro do 2025 Redacción

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Rede CRUSOE (Conferencia de Reitores das Universidades do Sudoeste Europeo) e coa multinacional xaponesa NTT DATA para dar continuidade á Cátedra Interinstitucional en Novas Tecnoloxías para a Dixitalización. O obxectivo deste acordo é ampliar o seu alcance e reforzar a dimensión internacional, potenciando o ICT Lab, un centro de apoio á innovación tecnolóxica que servirá para desenvolver proxectos de dixitalización emblemáticos con impacto positivo no crecemento económico.
Na sinatura tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, o presidente executivo da Secretaría Xeral Técnica de CRUSOE, Salustiano Mato, e o responsable global de sector público de NTT DATA, Óscar Abril. “É un paso cara o futuro, e desde a Xunta poñemos todos os nosos medios a disposición desta colaboración”, destacou Román Rodríguez.

Representantes da Xunta, a Rede CRUSOE e NTT DATA na formalización do convenio de colaboración