Xunta e CEO organizan unha xornada en liña sobre as axudas á dixitalización 4.0
xoves, 29 de xuño do 2023
A
Confederación Empresarial de Ourense
(CEO), a través da oficina Conecta Ourense, colabora coa Xunta e
o IGAPE na celebración dunha xornada en liña dirixida a pór sobre
mesa todos os detalles das axudas publicadas até o de agora das que
poden botar a man as pequenas e medianas empresas para afrontar
proxectos de dixitalización de Industria 4.0.
Esta
xornada informativa, organizada no marco da iniciativa Conecta
Ourense da CEO, celebrarase este xoves 29 de xuño ás 12.00 horas e
contará coa intervención do director da Área de Competitividade do
IGAPE, Norberto Penedo, quen exporá as cuestións máis salientábeis
destas axudas, así como os aspectos técnicos máis importantes de
cara á súa tramitación. A sesión servirá para resolver as
dúbidas sobre estas axudas á dixitalización Industria 4.0 Intervén
tamén Jaime Pereira, secretario xeral da CEO.