Xuventude da Estrada convoca unha nova edición dos seus campamentos dixitais

martes, 24 de decembro do 2024 S. P.

A Concellería de Xuventude do Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha unha nova edición dos Campamentos Dixitais para o vindeiro semestre académico, un programa de actividades extraescolares, en competencias dixitais, gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos. Inclúe sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, polas tardes. Na pasada edición formáronse máis de 15 rapaces.
As actividades celebraranse na Aula CeMIT da Estrada, no 94 da avenida Benito Vigo.
Con esta actividade, o Concello busca facilitar a conciliación das familias locais á vez que se forma a rapazada en competencias dixitais.
As clases darán comezo a partires do do 27 de xaneiro e chegarán ata o mes de abril.
As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto co departamento de xuventude do Concello da Estrada, deben enviar un correo electrónico ao enderezo: aedl@aestrada.gal indicando o nome e apelidos e data de nacemento do menor; os datos persoais do/a titor/a legal do mesmo e un teléfono de contacto.
Nesta nova edición o Concello achega novamente dous grupos de participantes:
-Curso: Campamento Dixital – L2 con Concello da Estrada Liña de acción: L2 (14-17 anos)
Programación: Luns e Xoves do 27 de xaneiro ao 20 de marzo (17:00-19:00). 30h presenciais – 03/03 Non lectivo
Modalidade: Presencial.
-Curso: Campamento Dixital – L1.1 + L1.2 con Concello da Estrada Liña de acción: L1.1 (9-13 anos)
Programación: Mércores e Venres do 29 de xaneiro ao 21 de marzo (17:00-19:00). 30h presenciais – 05/03 Non lectivo
Modalidade: Presencial.