Yakuza contará o seu quinto capítulo na PSP

xoves, 13 de maio do 2010 Marcus Fernández

En marzo chegou ao mercado europeo o xogo para PS3 Yakuza 3, mentres que ao mercado xaponés chegaba xa a súa cuarta entrega da saga, polo que sorprende que antes de que saibamos nada de Yakuza 4 en occidente, anuncien que o que ía ser Yakuza 5 para PS3 finalmente será Yakuza: Project K para PSP, o que é un curioso xeito de manter viva a franquía, especialmente se temos en conta os rumores de que o mes que vén podería presentarse unha consola sucesora da PSP.
En Yakuza: Project K tomaremos o papel do asasino Kazuma Kiryu e a acción terá lugar no Xapón actual. O xogo sairá á venda no Xapón o vindeiro 22 de setembro baixo o título Kurohyou: Ryu ga Gotoku Shinshou e incluirá unha guía de viaxes ficticia (que contribuirá a somerxer ao usuario no xogo).


Primeiro trailer da nova entrega de Yakuza

PUBLICIDADE