Yoigo deixará de ofrecer roaming de balde no Reino Unido

xoves, 2 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos anos os operadores de telecomunicacións mudaron as súas políticas sobre o uso da telefonía móbil en itinerancia dentro da Unión Europea, para que puidésemos modernos polo territorio comunitario sen preocupacións á hora de realizar ou recibir chamadas, había que ter certo tipo con países como Andorra e Suíza, aos que en moitos casos se une tamén o Reino Unido, agora que non pertence á Unión Europea.
Hai operadores que aínda manteñen o roaming de balde no territorio británico, pero na vindeira actualización das tarifas do servizo de Yoigo, que entrar en vigor o vindeiro 3 de marzo, múdanse as condicións para Reino Unido, de xeito que cando os usuarios se despracen ao territorio británico deberán pagar 0,5 euros de establecemento de chamada, 1 euros/minuto polas chamadas e 2 euros por cada GB de datos móbiles consumidos.
As chamadas internacionais tamén mudan de prezo, de xeito que chamar dende España a fóra da Unión Europea terá un custo de establecemento de 0,9 euros, e prezos por minuto de entre 1,1 e 6 euros (en función do país).
Yoigo non é o primeiro operador en deixar fóra do roaming de balde a Reino Unido, senón que anteriormente xa o fixeron dende Orange (que ofrece bonos específicos para Reino Unido), e aínda que R actualmente indica que «aínda que o Reino Unido xa completou o Brexit, polo de agora o roaming segue sendo o mesmo», dando que Yoigo pertence ao seu mesmo grupo, podemos entender que en breve van mudar as condicións de servizo para deixar o territorio británico fóra do servizo de itinerancia de balde.