YouTube Gaming conflúe con YouTube

mércores, 19 de setembro do 2018 Marcus Fernández

En 2015 YouTube quixo facer fronte a Twitch dun xeito directo, e lanzou YouTube Gaming, unha plataforma orientada ao seguimento de vídeos de videoxogos, que finalmente di adeus como un soportal independente para integrarse totalmente en YouTube, en boa medida para evitar confundir aos usuarios que tiñan que elixir se acceder ao servizo de vídeo xeral ou a unha versión específica de videoxogos.
Aínda que este cambio pode considerarse o fracaso de YouTube Gaming na súa formulación orixinal, cómpre destacar que actualmente o servizo con máis de 200 millóns de usuarios activos ao día, que acceder para ver vídeos en directo e diferido, polo que, aínda que non conseguisen o compromiso que ten a comunidade de xogadores con Twitch, si manexan un volume de usuarios moi importante que no último ano consumiu máis de 50.000 millóns de horas de vídeo, constatando que é un tipo de contido que non cesa de medrar en demanda.
Agora podemos visitar youtube.com/gaming para consultar os vídeos relativos ao sector dos videoxogos, mantendo as máis de dez mil páxinas de xogos, de xeito que continuaremos a ter un lugar no que atopar vídeos de videoxogos, só que cun obxectivo diferente ao anterior, buscando principalmente simplificar as cousas para o usuario.

youtube.com/gaming é o novo espazo para os videoxogos en YouTube

PUBLICIDADE