YouTube Kids estrea versión web

venres, 30 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Dende hai un par de anos temos en España a aplicación YouTube Kids, que presenta unha versión de YouTube orientada a menores, na que os adultos poden moderar o tipo de contidos que permiten ver aos seus cativos, o que non é unha solución perfecta, pero que serve para dar certa tranquilidade aos proxenitores, que teñen unha ferramenta sinxela e de balde para que os contidos en vídeo que chegan aos seus fillos non resulten nocivos para eles.
Para levar máis aló este servizo, YouTube Kids conta xa con versión web, tamén dispoñible dende España, e que permite elixir entre 3 rangos de idade para a orientación dos contidos dispoñibles, e coa posibilidade de bloquear ou non a opción de busca, moi práctica para os pais que desconfían da seguridade de YouTube Kids, xa que de limitar os seus contidos aos vídeos recomendados en cada categoría tamén resulta máis difícil que os cativos rematen reprodución vídeos polémicos.

PUBLICIDADE