YouTube bloquea durante 7 dÃas a canle de Trump
mércores, 13 de xaneiro do 2021
A canle
oficial de YouTube de Donald J. Trump é a última plataforma do aÃnda
presidente dos EE.UU. en ver restrinxidas as súas publicacións, xa que, tras
detectarse un novo vÃdeo que poderÃa incitar á violencia, incumprindo as normas
do servizo, dende
YouTube decidiron eliminar ese contido, enviar un primeiro aviso á conta
(lembremos que a reiteración de avisos pode traducirse na cancelación da conta
de usuario) e o bloqueo da suba de novo contido durante un mÃnimo de 7 dÃas.
Ante os riscos para a seguridade pública, YouTube decidiu tamén desactivar os
comentarios de toda a canle de Trump, evitando asà que puidese converterse nun
foro que puidese alentar comportamentos violentos no mundo real.
Cómpre lembrar que nos últimos dÃas Twitter expulsou da súa plataforma a Trump, Facebook suspendeu a súa conta até que remate a transición presidencial e o resto de plataformas sociais eliminaron os contidos incendiarios que Trump pretendÃa difundir tras o asalto ao Capitolio, por considerar que alentaban á violencia.