YouTube declara a guerra ao contido duplicado

luns, 15 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Nos últimos días está a causar certo malestar na comunidade de creadores de contidos para YouTube o feito de que a plataforma de vídeo de Google mudase as súas condicións para YouTube Partner Program, ou sexa, o programa de afiliación para poder monetizar os vídeos publicados, de xeito que comezaron a eliminar do programa a canles de vídeo que publicaban contido duplicado, ou sexa, que xa non só penalizan as vulneracións do copyright, senón tamén os contidos que non son orixinais e non engaden valor.
Dende YouTube aseguran que o uso de material de distintas fontes para a súa reutilización engadindo comentarios, narrativas, un valor educativo ou unha edición de calidade continúan a ser válidos para optar á monetización, pero de xeito xeral os usuarios que queiran aproveitarse do traballo alleo van telo moito máis difícil agora, grazas a estas novas normas que principalmente perseguen uns contidos de maior calidade.
Normalmente considerarase que un contido está duplicado sen semella ter sido xerado de xeito automático, sen está extraído dunha fonte allea sen engadir contido ou narrativa, se o subiron a YouTube varios usuarios ante ou se subiuse a YouTube procurando evitar o control de copyright.
Actualmente hai unha chea de canles que se atopan en revisión por mor destas novas normas, polo que piden paciencia, xa que a consideración de se unha canle non é orixinal dabondo non é doada de facer, e pode ter consecuencias difíciles de reparar.

PUBLICIDADE