YouTube inicia as transmisións en directo de vídeo en 360 graos

luns, 18 de abril do 2016 Marcus Fernández

Hai pouco máis dun ano YouTube estreaba o soporte de vídeo en 360 graos, o que permite conseguir experiencias audiovisuais envolventes das que podemos gozar dun xeito inmersivo incluso valéndonos de solucións económicas como un cartón de Google no que introducir o noso smartphone, e agora dan un paso máis adiante e presentan a retransmisións de vídeo en directo en 360 graos e o audio espacial en YouTube, ou sexa, que os creadores de contido poderán agora transmitir en directo espectáculos e encontros para que poidan gozarse directamente a través de YouTube, de xeito que chegan a un público moi amplo.
Para estrear este servizo YouTube está a realizar retransmisións dende o festival Coachella, con actuacións en directo de artistas destacados e seleccións dos mellores momentos deste evento musical de sona mundial. Deste xeito será posible trasladar aos nosos fogares a experiencia de estar en vivo nun concerto, aínda que tamén permite contar historias facendo uso da tecnoloxía de realidade virtual, abrindo unha porta á innovación que agora tamén é posible con emisións en vivo, no máis parecido que podemos ter a unha telepresenza.

YouTube permite ver o festival Coachella en directo en 360 graos

PUBLICIDADE