YouTube non limitará a reprodución dos vídeos en 4K
martes, 18 de outubro do 2022
Un par de semanas atrás YouTube iniciou probas para analizar
se a limitación
de resolucións de vídeo superiores a 1.440p a usuarios de pagamento era un
bo incentivo para contratar YouTube Premium, experimento que recibiu grande
atención mediática, por supor un importante cambio no funcionamento habitual de
YouTube, o que provocou un grande rexeitamento do público, de aí que agora
recoñezan que o experimento
cesou definitivamente, polo que os contidos en 4K volven estar dispoñibles
para todos os usuarios.
Outra das probas que realizaron recentemente afectaba á publicidade, coa
incorporación dun volume cada vez maior de anuncios, chegando incluso a
encadear 10 seguidos, así como tamén están a promover os anuncios bumper,
que durante como máximo 6 segundos e non poden saltarse, sendo un formato que
cada día cobrará máis peso, pois YouTube está a medir a resposta do público
ante os distintos xeitos de programar os cortes publicitarios para poder
establecer cal é o máximo tempo que poden durar os bloques de anuncios e que
formatos son os que mellor funcionan (actualmente os bumpers son os máis
cotizados).