YouTube permite usar a IA para borrar a música reclamada por copyright
venres, 5 de xullo do 2024
Para moitos creadores de contido, ou simplemente para usuarios que queren compartir vÃdeos a través de YouTube, as reclamacións de copyright por mor da música que se escoita de fondo son unha complicación que pode sorprender en calquera momento, pois poden xurdir incluso con contidos subidos hai anos, e agora será moito máis doado solucionar a situación sen ter que silenciar completamente o son dun vÃdeo ou mutilar o contido eliminando os momentos nos que se escoita a música reclamada.
Até o momento as opcións que ofrecÃa YouTube era recortar o segmento reclamado, substituÃr a canción por outra dunha librarÃa da que YouTube conta con permisos para a súa reprodución ou silenciar a canción, e precisamente esta última opción agora pode escollerse de dous xeitos diferentes: silenciando todo o audio cando se escoite a canción reclamada ou silenciando unicamente a canción reclamada, mentres se manteñen os diálogos e os efectos de son, o que é posible grazas á intelixencia artificial. Deste último xeito dise adeus ás reclamacións de copyright á vez que se mantén certa integridade dos vÃdeos.