YouTube proba unha función para etiquetar colaboradores
luns, 4 de agosto do 2025
O deseño de Instagram procura reter aos usuarios dentro da aplicación, obstaculizando a publicación de ligazóns que poidan levalos fóra, o que complica o traballo dos creadores que queren publicar contido patrocinado, para o que contan con ferramentas como a de permitir que un mesmo contido estea dispoñible a través de varias contas no que dan en chamar colaboracións. Deste xeito, cando un influente publica un vÃdeo patrocinado por unha marca, a marca tamén pode compartilo publicamente, mellorando a exposición do contido.
Avanzando nesta liña, YouTube anunciou que está a probar unha nova función de colaboración, que permite aos creadores engadir colaboradores a un vÃdeo, o que permite que o contido poida recomendarse ás audiencias de cada un dos colaboradores. Esta prestacións aÃnda está en probas cun número moi reducido de creadores, sendo un dos poucos incluÃdos no experimento o célebre MrBeast.
Estas colaboracións poderÃan favorecer o alcance das publicacións, xa que se distribuirÃan mellor entre un público que previsiblemente serÃa moi afÃn, á vez que tamén axuda a dar visibilidade a creadores e marcas para poder medrar en subscritores.
