Youtubeiras 2023 achegou 32.480 minutos de vÃdeos en galego no YouTube
venres, 19 de xaneiro do 2024
- Finalistas da anterior edición de Youtubeiras
Os Premios Youtubeiras, galardóns destinados a encher as redes sociais de contidos audiovisuais creativos na súa lingua, comezaron o ano brindando unha serie de datos salientábeis de participación e repercusión no que se respecta á actual edición (edición 2023). Segundo explicou o Concello de Santiago, co-organizador do certame, nesta convocatoria inscribÃronse 68 canles, mentres que 24 vÃdeos foron propostos pola audiencia dixital para o Premio do Público. O conxunto de vÃdeos presentados nesta edición, que comprende pezas subidas á Rede entre novembro de 2022 e novembro de 2023, significan 32.480 minutos de vÃdeos en galego no YouTube.
Finalistas
Youtubeiras xa ten finalistas para os seus galardóns de 2023. Un total de 18 contidos aspiran a gañar algunha das oito categorÃas nas que se divide o certame nesta edición: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, VÃdeo, Calidade LingüÃstica, Pioneiro, Rede e Premio do Público. A proposta gañadora en cada categorÃa recibirá 1.000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7.500 euros.
O certame, como lembraremos, está organizado polos servizos de Normalización LingüÃstica de nove concellos (Rois, Rianxo, Santiago de Compostela, Carballo, Ames, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Teo e O Grove), das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, ten o obxectivo concreto de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, asà como de promover e visibilizar os diferentes perfÃs de persoas xeradoras de contidos na Rede.
O xurado que escolleu a terna de finalistas en cada categorÃa e decidirá as persoas gañadoras que se anunciarán na gala do próximo 17 de febreiro en Santiago está conformado por Fátima Souto Muñiz, bolseira no Servizo de Normalización de Ames; Nee Barros, escritore, divulgadore cultural e activista baixo o nome de @neeumatiko que recibiu en 2022 o premio de Youtubeira 2022; Irene Pin, xornalista e directora audiovisual; Belen Puime, directora e creadora audiovisual; Rodri MÃguez, xornalista e divulgador musical, e Paula Souto, técnica de Normalización LingüÃstica de Moaña, que exerceu como secretaria con voz, pero sen voto.
As 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 canles que se inscribiron para concorrer á edición de 2023 dos Premios Youtubeiras, cuxo lema desta edición é Rede aberta, Rede diversa! A esta cifra cómpre sumarlle os 24 vÃdeos propostos pola audiencia dixital para disputarse o Premio do Público. Os vÃdeos no seu conxunto, publicados entre novembro de 2022 e novembro de 2023 nas diferentes canles, superan os 32.480 novos minutos en galego subidos ao YouTube.
O palmarés dos Premios Youtubeiras darase a coñecer na xa tradicional gala de entrega, que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A condución da gala, que en edicións anteriores recaeu en nomes destacados da música e da escena como son Tanxugueiras, A PanadarÃa, Iria Pinheiro ou Patricia de Lorenzo, darase a coñecer proximamente e a entrada será gratuÃta, tras a retirada de convites.
As finalistas
Seis finalistas aspiran a levar dous galardóns neste 2023: OU ké! (finalista en premio Canle e en premio Rede), ToxÃo (Canle e VÃdeo), Recuncho Gamer (Youtubeira e Pioneiro), Fica coa bola (Pioneiro e Premio do Público), Prado Rúa (Calidade LingüÃstica e VÃdeo) e Savia Nova (Revelación e Premio do Público)
O premio Canle disputarase entre os xa citados ToxÃo e OU ké! xunto a Cinema CanÃbal, mentres que o premio Youtubeira estará entre Recuncho Gamer, Exército Mekemeke e Pingando. Ao galardón Revelación aspiran O Faiado Podcast, Savia Nova e Luis do RÃo Pena. Os finalistas na categorÃa de vÃdeo son Derrubando Xigantes, de ToxÃo; Londres, de Malva; e SEG, de Prado Rúa.
No trÃo de finalistas en Calidade LingüÃstica atópanse Prado Rúa, Olaxonmario e Casa Gallinitas e a terna no caso do galardón Pioneiro está formada por Recuncho Gamer, Lilium e Fica coa bola. Ao premio Rede optan OU ké!, Alma da Vella Chousa e YouTube en galego.
Por último, o Premio do Público decidirase entre as tres propostas máis votadas na comunidade dixital: Noticias Dispersas, Fica coa bola e Savia Nova.
Relación de finalistas por categorÃas:
Premio Canle
• Cinema CanÃbal
• OU ké!
• ToxÃo
Premio Youtubeira
• Recuncho Gamer
• Exército Mekemeke
• Pingando
Premio Youtubeira Revelación
• LuÃs do RÃo Pena
• O Faiado podcast
• Savia Nova
Premio VÃdeo
• Seminario de Estudos Galegos, o centenario, de Prado Rúa
• Unha fin de semana en Londres, de Malva
• Derrubando xigantes, de ToxÃo
Premio Calidade LingüÃstica
• Prado Rúa
• Olaxonmario
• Casa Gallinitas
Premio Pioneiro
• Recuncho Gamer
• Lilium
• Fica coa bola
Premio Rede
• Alma da Vella Chousa
• OU Ké!
• Youtube en Galego
Premio do Público
• Noticias dispersas
• Fica coa bola
• Savia Nova