Youtubeiras+ ofrece obradoiros de creación de contidos dixitais en galego
xoves, 17 de xullo do 2025
O proxecto Youtubeiras+, impulsado polos servizos de normalización lingüÃstica de dez concellos galegos, das tres universidades do Sistema Universitario Galego (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e a Deputación da Coruña, promove unha nova edición dos seus obradoiros de creación de contido dixital en galego, orientados a centros educativos, docentes e público xeral.
Estes obradoiros, de carácter teórico-práctico, serán impartidos por persoas referentes no ámbito da creación de contido dixital en lingua galega como Nuria EspasandÃn e Sergio Casal, da canle ToxÃo, e Laura Veiga, da canle Pingando. A formación busca achegar ferramentas para fomentar a identidade dixital, a diferenciación na contorna virtual e a planificación estratéxica de contidos.
No caso dos centros educativos, os obradoiros dispoñen de dúas modalidades segundo o perfil do alumnado: unha sesión introdutoria de 50 minutos ou un formato ampliado de 100 minutos cun enfoque eminentemente práctico. Para o profesorado, os cursos céntranse na integración das redes sociais e a creación de contidos como recursos pedagóxicos. Pola súa banda, as sesións destinadas ao público xeral (que se realizarán en centros socioculturais, casas da mocidade ou asociacións veciñais) abordarán cuestións clave como a identidade dixital e a planificación de proxectos audiovisuais a medio e longo prazo.
As entidades interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa solicitude a través da web de Youtubeiras ou escribindo ao enderezo electrónico premios@youtubeiras.gal.
Convocatoria da IX edición dos Premios Youtubeiras+
A maiores, en setembro abrirase o prazo da IX edición dos Premios Youtubeiras+, un certame que recoñece a calidade e orixinalidade de contidos creados en galego en plataformas como YouTube ou TikTok. Nesta nova convocatoria manterase a dotación total de 7.500 euros e ampliaranse as categorÃas, que pasarán a ser sete. Na edición de 2024 participaron 89 canles, das que 49 procedÃan de YouTube e 40 de TikTok.
