Yubico estrea unha chave de seguridade compatible con Lightning
mércores, 21 de agosto do 2019
Para dificultar o roubo de identidades en liña leva tempo
recomendándose o uso de chaves fÃsicas para mellorar a identificación, e un
destes produtos que está a chamar poderosamente a atención é a YubiKey 5Ci, por
ser a
primeira chave de seguridade compatible con Lightning, ou sexa, que este
pequeno trebello conta tanto con conector USB-C (válido para ordenadores
persoais e dispositivos con Android) como con conector Lightning (podendo asà empregarse
tamén co iPhone).
Este accesorio sae á venda
a un prezo de 70 dólares (63 euros) nos EE.UU., aÃnda que en poucas semanas
deberÃa chegar á canle de distribución española (na que están dispoñibles con
facilidade o resto de chaves de seguridade da mesma compañÃa).
A YubiKey 5Ci é compatible coas aplicacións de xestión de contrasinais para iOS
máis populares (como 1Password ou LastPass), asà como con certos servizos en
liña a través do navegador web Brave para iOS, estando cada vez presente en
máis software (como a aplicación de Dropbox), de xeito que resulta cada vez
máis práctico empregar este tipo de solución para protexer as nosas contas en
liña.
VÃdeo promocional da YubiKey 5Ci