ZOTAC anuncia novos mini-ordenadores con gráficas nVIDIA GeForce GT 520M

venres, 10 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O fabricante de tarxetas gráficas, placas bases e mini-ordenadores ZOTAC anunciou unha nova gama de equipos de pequeno tamaño ZBOX que destacan por integrar unha gráfica nVIDIA GeForce GT 520M, converténdose nunha excelente solución para a reprodución de vídeo de alta definición no salón á vez que se mantén un tamaño compacto e un consumo reducido. Os novos ZBOX de ZOTAC están dispoñibles tanto como barebone ou con memoria e disco duro preinstaldo, con sistemas operativos como Windows 7 e OpenELEC.
Os novos ZBOX funciona cun procesador Intel Atom D2550 de dobre núcleo a 1,86 GHz, 2 fendas para memoria RAM, espazo para un disco duro SATA de 2,5 polgadas, 2 portos USB 3.0, 4 portos USB 2.0, mando a distancia, adaptador para poder enganchalo na parte posterior dun monitor, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0 e saída de vídeo DVI/HDMI.
O prezo do modelo máis básico, o ZBOX ID84 é de 229 dólares nos EE.UU. (183,26 euros) aínda que en breve podémolos atopar nas tendas españolas, pois este fabricante conta cunha boa distribución internacional.

O ZBOX de ZOTAC destacan polo seu pequeno tamaño e baixo consumo

PUBLICIDADE