ZTE amosa o seu novo tabletófono en Barcelona
martes, 26 de febreiro do 2013
Os fabricantes chineses seguen a amosar o seu músculo no
Mobile World Congress de Barcelona, e asà dan a coñecer o novo ZTE
Grand Memo, que busca quedar nun punto intermedio entre un smartphone e un
tablet coa súa pantalla de 5,7 polgadas cunha resolución de 720 x 1.280
pÃxeles. Este tabletófono funciona
cun procesador Qualcomm 800 de catro núcleos, 2 Gb de RAM e cámaras de 13 e 1
MpÃxeles, deixando claro que estamos ante un dispositivo cunha potencia acorde
ao seu tamaño, que tamén permite que a súa baterÃa chegue a unha xenerosa
capacidade de 3.200 mAh.
Dende ZTE desenvolveron unha interface gráfica personalizada para o seu Android
4.1 (Mifavour UI), buscando asà unha experiencia de uso sinxela. Tamén ten unha
capacidade de almacenamento interna de 16 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0,
conectividade LTE e un grosor de só 8,5 milÃmetros, de xeito que temos outro
dispositivo de orixe chinesa que no segundo trimestre do ano pretenderá facerse
un oco entre os smartphones de alta gama, pero intentando manter un prezo
competitivo (aÃnda non detallado).