ZTE mellora os seus móbiles con Android

venres, 21 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Warp non é só a velocidade á que viaxaban as naves espaciais na serie de televisión Star Trek, senón que tamén é o nome dun novo terminal móbil de ZTE, compañía que vai afastándose paseniño da baixa gama para ofrecer cada vez dispositivos máis potentes, conservando uns prezos moi competitivos.
O ZTE Warp é un móbil con Android 2.3, procesador a 1 GHz, pantalla táctil de 4,3 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED, soporte de tarxetas microSDHC de ata 32 Gb (inclúe unha de 2 Gb), GPS, Bluetooth e, por suposto, acceso sen fíos á web e a aplicacións como Gmail e Google Talk.
Este interesante terminal vai comezar a comercializarse nos EE.UU. o 2 de novembro a través de Boost Mobile por 249,99 dólares.

PUBLICIDADE