ZTE podería elevar a pantalla dos seus smartphones até as 5,7 polgadas

venres, 4 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Dende ZTE parecen empeñados en encher o seu catálogo de móbiles con terminais con grandes pantallas, e tras adiantarse que no CES van presentar o ZTE Grand S con pantalla de 5 polgadas, agora desvélase o ZTE P945, que leva a súa pantalla ata as 5,7 polgadas, polo que parece querer competir con Samsung GALAXY Note II.
O ZTE P945 contará cun procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, cámaras de 8 e 1 Mpíxeles, batería de 3.000 mAh, Android 4.1, pantalla cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, son Dolby Digital Plus e un grosor de só 9 milímetros. Polo momento está confirmada a súa distribución a través de China Mobile, aínda que é de agardar que chegue ao resto do mundo para atender a elevada demanda de tabletófonos.

PUBLICIDADE