ZTE prepara un novo smartphone que potencia as súas cámaras e baterÃa
luns, 21 de decembro do 2015
ZTE
continúa a apostar polos smartphones con pantallas de grande tamaño, e presenta
asà o AXON MAX, un terminal con pantalla Super AMOLED Full HD de 6 polgadas
e carcasa metálica de coidado e elegante acabado que busca chamar a atención
dos consumidores coa calidade do seu audio, a definición das súas cámaras (de
16 MpÃxeles a traseira e de 13 MpÃxeles a frontal) e unha xenerosa baterÃa de
4.140 mAh con Quick Charge 2.0 (que permite completar o 60% da carga en só 30
minutos) e conector USB tipo C.
Este smartphone con conectividade 4G+ e Android 5.1 (coa capa de
personalización MiFavor 3.5) agocha no seu interior un procesador Qualcomm
Snapdragon 617, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 128 GB).
Se miramos o dispositivo externamente podemos ver que conta cun lector de
pegadas dixitais na parte traseira e que o seu grosor é de só 7,5 milÃmetros,
polo que serÃa un teléfono á altura de moitos alta gama, cos que non parece
querer competir en prezo de xeito agresivo, xa que venderase en breve a 2.799
iuans (395,42 euros).