ZTE presenta o seu novo smartphone insignia
mércores, 9 de xaneiro do 2013
Os fabricantes chineses continúan a avanzar para gañar certo
prestixio grazas a produtos de grandes prestacións e bo deseño, conseguindo
desfacerse da sona de imitadores dos seus competidores, e nesa liña presentouse
no CES de Las Vegas o impresionante ZTE
Grand S, un smartphone LTE que presume de ser o máis delgado do mundo cunha
pantalla Full HD de 5 polgadas, e que parece acertar ao combinar grande
potencia cunha aparencia moi elegante e atractiva.
O ZTE Grand S funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro de catro
núcleos a 1,7 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla de 5
polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles, cámaras de 13 e 2 MpÃxeles,
son Dolby Digital, Android 4.1 e ten un grosor de 6,9 milÃmetros, polo que
estamos ante un dispositivo que segue a tendencia actual de integrar unha
pantalla de grande tamaño, superando a definición de pantalla dos móbiles
actuais e situándose como unha boa solución para disparar fotografÃas ou facer
videoconferencias. Este mesmo trimestre chegará ao mercado chinés, e é de
agardar que logo chegue ao resto do mundo ante a atención captada globalmente
por este terminal que xunto con ZTE Grand Era e o ZTE Grand X conforma unha
familia de móbiles de ZTE que están chamados a ter unha boa acollida durante os
vindeiros meses.
- O ZTE Grand S integra unha cámara de 13 MpÃxeles e flash