ZTE presenta un novo smartphone con pantalla de 5,7 polgadas
mércores, 17 de setembro do 2014
Os smartphones de grande tamaño non cesan de chegar ao
mercado, especialmente dende fabricantes asiáticos, e aÃnda que o normal é que
esteamos ante terminais de alta gama, compañÃas como ZTE buscan achegar este
tipo de terminais a un público máis amplo, e veñen
de presentar nos EE.UU. o ZTE ZMAX, terminal que comezará a comercializar
T-Mobile o vindeiro dÃa 24 por un prezo que vai dende 0 dólares con contrato (cun
compromiso de permanencia de 24 meses) ou 252 dólares libre (194,63 euros) o
que parece bastante axustado para un tabletófono
coas súas caracterÃsticas.
O ZTE ZMAX ten unha pantalla
de 5,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador Qualcom
Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 Ghz e gráfica Adreno 305, 2 Gb de RAM, 16
Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb),
cámaras de 8 e 1,6 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, LTE, baterÃa de 3.400 mAh
e sistema operativo Android 4.4.
VÃdeo de presentación do novo tabletófono de ZTE