ZTE presenta un smartphone con formato de cuncha
xoves, 3 de novembro do 2016
Pensando
nun público de certa idade, que presenta certa resistencia a adoptar un
smartphone que empregue unicamente unha pantalla táctil como método de entrada,
hai fabricantes que comercializan smartphones con formato de cuncha (como
o LG Wine Smart), que pese a contar cunhas prestacións bastante limitadas,
teñen uns prezos bastante elevados (preto de 200 euros) o que parece que vai
mudar ZTE, que anunciou para EE.UU. o seu novo Cymbal-T, un smartphone con tapa con Android 5.1 que combina
unha pantalla táctil de 3,5 polgadas cun teclado telefónica tradicional, e que sae
á venda por 99,95 dólares, ou sexa, que poderiamos velo pronto nas tendas
españolas a un prezo de preto da metade que o dispositivos deste tipo actuais.
O novo teléfono conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 210 de catro núcleos a 1,1 GHz, 1 GB de RAM, 8
GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 32 GB), Bluetooth
4.0, LTE, Wi-Fi N, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles e GPS, que probablemente pase a ser
o grande referente para un perfil de usuario que quere un teléfono sinxelo,
pero sen prescindir de servizos como WhatsApp ou Facebook.