ZTE quere financiar en Kickstarter un smartphone con seguimento de mirada
xoves, 5 de xaneiro do 2017
A comercialización de produtos por parte de compañÃas
consolidadas partindo de campañas de micromecenado non é algo que o público
reciba moi ben, principalmente pola confusión que xeran, xa que plataformas
como Kickstarter, Indiegogo ou Verkami non son tendas en liña, de aà que
resulte rechamante que ZTE aproveite a celebración do CES de Las Vegas para lanzar
unha campaña en Kickstarter para financiar o seu teléfono Project CSX, para o que buscan que os interesados paguen por
adiantado 199 dólares (uns 190 euros).
O novo teléfono de ZTE chamarÃase Hawkeye, e destacarÃa principalmente pola súa
proposta de mans libres, de xeito que
integrarÃa tecnoloxÃa se seguimento da mirada para, por exemplo, empregar os
nosos ollos para o desprazamento vertical de páxinas que esteamos a ler,
mentres que o resto de funcións de control poderiamos facelas mediante voz.
Amais, o teléfono terÃa unha funda adhesiva opcional para poder colocalo en paredes
e outras superficies, de xeito que non teriamos que suxeitar o teléfono cunha
man para o seu uso. Temos asà un dispositivo optimizado para o seu uso cando
temos as mans ocupadas.
Sobre o teléfono en si, serÃa bastante ordinario dentro dos móbiles de
fabricación chinesa, cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, dobre SIM e lector
de pegadas dixitais, destacando o feito de que contarÃa con dobre cámara traseira e cunha versión recente de Android
(inicialmente Nougat).
En calquera caso, a campaña de financiamento aÃnda durará 44 dÃas, e de
trunfar, o móbil non comezarÃa a remitirse aos seus mecenas até o mes de
setembro, o que son unhas condicións que non parecen moi razoables (de feito,
son bastantes as campañas de crowdfunding
de smartphones que fracasaron polo exceso de confianza que teñen que depositar
os consumidores apoiando a un produto que ao adiarse perderÃa todo o seu
atractivo (xa que poden chegar ao mercado varios trebellos na mesma liña, con
mellores prestacións, prezos máis reducidos e a posibilidade de probalos antes
de facerse cos mesmos).