ZTE trae a España a súa baliza conectada V16

martes, 21 de outubro do 2025 Redacción

ZTE presentou en España a súa nova baliza conectada V16 E1, un dispositivo de sinalización luminosa que será obrigatorio para todos os vehículos a partir do 1 de xaneiro de 2026, segundo a normativa da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).
A ZTE E1 conta coa certificación oficial do Laboratorio Central Oficial de Electrotecnia (LCOE) e está conectada á plataforma DGT 3.0 mediante rede NB-IoT, con eSIM integrada e sistema de xeolocalización GNSS de alta precisión. Isto permite comunicar en tempo real a posición exacta dun vehículo en caso de avaría ou accidente.
O dispositivo, que pesa uns 180 gramos e mide 55 x 89 x 89 milímetros, ofrece unha visibilidade de 360 graos e unha intensidade luminosa superior a 40 candelas. Dispón dunha batería de 9V que garante máis de 30 minutos de autonomía e presenta resistencia ao vento e á auga (IP54). Inclúe servizo de datos de balde ata xaneiro de 2040 grazas á colaboración con Vodafone.
A nova baliza xa está dispoñible en establecementos como El Corte Inglés, onde é posible adquirila de oferta a 39,90 euros (o que supón un 20 % de desconto), coa posibilidade de gozar dun desconto do 50 % ao comprar tamén un smartphone ZTE Nubia entre o 24 e o 30 de outubro.