ZUK estréase cun smartphone con USB 3.0 de tipo C
mércores, 12 de agosto do 2015
A compañÃa chinesa ZUK, apoiada por Lenovo, presentou
o seu primeiro smartphone, o Z1, que será un terminal a ter moi en conta,
non só por ser un terminal de altas prestacións que vai saÃr á venda en China a
semana que vén (a versión internacional comercializarase en breve) a un prezo
moi axustado (1.799 iuans/252,84 euros), senón porque a súa aposta polos portos
USB-C non se limita a instalar un conector reversible como fixeron outros
fabricantes, senón que este porto serÃa USB 3.0, o que é un bo achegamento ao
que serán estes conectores no futuro (que nas súas versións máis completas
soportan o estándar USB 3.1).
O ZUK Z1 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 801, 3 GB de RAM, 64 GB de
almacenamento interno, pantalla Full HD de 5,5 polgadas, cámara traseira cun
sensor CMOS de 13 MpÃxeles e estabilización óptica de imaxe, cámara frontal de
8 MpÃxeles, sensor de pegadas dixitais (capaz de recoñecer unha pegada en só
0,31 segundos), dobre SIM, Android 5.1.1 e baterÃa de 4.100 mAh (outro elemento
moi salientable do smartphone). Temos asà que a marca ZUK comezará con moi bo
pé, ofrecendo un produto completo, coidado e incluso un chisco innovador, o que
poderÃa contribuÃr a facelo nun dispositivo popular a nivel global.
- O porto USB-C do ZUK Z1 é USB 3.0, ou sexa, 10 veces máis rápido que os conectores que habitualmente integran os smartphones