Zeltia Lado presenta en Madrid a ferramenta de Intelixencia Artificial EMi
mércores, 29 de xaneiro do 2025
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, presentou en Madrid os detalles de EMi, ferramenta de Intelixencia Artificial galega implantada nas 54 oficinas de emprego de nosa Comunidade. Fíxoo no acto de presentación da última publicación da revista Cuadernos del mercado de trabajo, editada polo Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal e que no seu número 12 adica un artigo a este software de IA impulsado polo Goberno galego co fin de mellorar as oportunidades laborais da cidadanía e impulsar a competitividade do tecido empresarial.
Baixo o título A IA aplicada aos servizos públicos de emprego, Zeltia Lado expuxo as posibilidades que ofrece EMi e explicou que permite axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público, dando resposta así ao reto da cobertura de vacantes. Entre as súas vantaxes, salientou que “tamén relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións”. A día de hoxe, destacou, “a ferramenta xa permitiu realizar o perfilado competencial de 24.500 persoas”.
Salientou tamén que EMi, ferramenta de Intelixencia Artificial acabada de distinguir pola Comisión Europea, está a ser de grande utilidade para as empresas e as persoas traballadoras “pois contribúe a atender a demanda de man de obra e, de xeito paralelo, favorece a competitividade do tecido empresarial e a xeración de emprego de calidade”.
A previsión realizar o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano.
Na folla de ruta para 2025 inclúese tamén a incorporación de importantes novidades, grazas un investimento de 1 millón de euros, entre as unha aplicación móbil para que as persoas poidan autoavaliar as súas competencias profesionais.