Zeltia Lado visita a sede de Deloitte na Coruña
martes, 23 de xullo do 2024
Esta mañá a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou a sede da compañÃa de servizos profesionais Deloitte na Coruña para continuar avanzando na detección das necesidades de formación que as compañÃas do sector TIC teñen en Galicia.
Lado agradeceu a implicación desta compañÃa coa formación e destacou a colaboración de Deloitte co Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG), dependente da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego. No marco desta cooperación, Deloitte impartiu unha serie de seis seminarios técnicos, cada un deles de dúas horas de duración, sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento de aplicacións na nube.
Os seminarios (abertos a traballadores e a desempregados interesados na materia) permitiron a formación de 214 persoas e foron impartidos por persoal cualificado da compañÃa en Galicia e doutros equipos dos centros de excelencia que a empresa ten en España.