Zombi estrea versión para Xbox One e PS4
martes, 18 de agosto do 2015
Hai tres anos o xogo ZombiU
conseguiu converterse nun dos tÃtulos máis destacables do catálogo de Wii
U, algo destacable especialmente por ser un xogo dun desenvolvedor distinto de
Nintendo e por pertencer a un xénero habitualmente afastado das consolas da
compañÃa nipoa (un FPS de supervivencia). Pero como a Wii U foi unha consola
pouco vendida, trunfar na mesma non é dabondo para este grande traballo, e para
poder recuperar o investimento e achegar o xogo a un maior público hoxe
estréase Zombi, remasterización
do tÃtulo para permitir o seu goce en ordenadores, e consolas Xbox
One e PlayStation
4, para as que xa está dispoñible a un prezo moi atractivo: só 19,99 euros.
Nesta nova versión do xogo melloráronse os gráficos, as texturas, a
iluminación... adaptouse a xogabilidade lixeiramente (suplindo a carencia do
GamePad da Wii U) e incluso ofrecendo un nivel de gore maior (por entender que o público de máquinas de Sony e
Microsoft non ten tantos reparos como os de consolas de Nintendo.
Temos asà un xogo con poucos cambios, que os seareiros dos xogos de supervivencia
non dubidarán en adquirir dado o seu reducido prezo de lanzamento, e que
sitúanos nun Londres afectado pro unha praga que converte aos infectados en
mortos viventes. O reto non será exterminar a praga, senón sobrevivir nun
contorno tan perigoso, no que calquera fallo pode levar á morte (elemento que
explota acertadamente o xogo, de xeito que de vernos infectados pasaremos a
controlar a outro humano, e poderemos achegarnos ao noso antigo corpo se
queremos facernos co seu inventario).
Dende Eurogamer publicaron un vÃdeo no que comparan ZombiU con Zombi para PS4