Zoom chega aos televisores Fire TV Omni

xoves, 23 de decembro do 2021 Marcus Fernández

No mes de setembro Amazon anunciou a súa entrada no mercado dos televisores, coas liñas Fire TV Omni e Fire TV 4-Series, e a primeira destas (a máis avanzada) está a estrear unha interesante función para os seus usuarios de EE.UU. e Canadá: a posibilidade de participar en xuntanzas en liña a través de Zoom.
Para poder gozar de Zoom Meetings nun Fire TV Omni chega con conectarlle unha webcam compatible (como as populares Logitech C920, 922x ou C310) nun porto USB, descargar a aplicación de Zoom da Fire TV Appstore. Incluso é posible unirse a xuntanzas de Zoom solicitándollo directamente a Alexa a través do mando a distancia do televisor, facendo así moi accesible unha ferramenta que gozar dunha grande cota de adopción tanto para uso laboral como doméstico.
En España aínda non está dispoñible a liña de televisores Fire TV Omni, pero si o trebello Fire TV Cube, que xa dende o pasado verán permite unirse a xuntanzas en Zoom.

PUBLICIDADE