Zotac estrea novos equipos informáticos de tamaño reducido
martes, 21 de outubro do 2014
Os pequenos dispositivos
HDMI que están a emerxer en China demostran o nivel de miniaturización que
poden acadar os ordenadores actuais, e nese camiño tamén traballan fabricantes
con certa sona como Zotac (popular polos seus ordenadores de pequeno tamaño
orientados en moitos casos ao seu uso como centros multimedia ou equipos
básicos), compañÃa que vén
de presentar a súa nova familia de equipos Zbox Pico.
O primeiro equipo da gama é o
PI320, un mini-ordenador que cunhas dimensións semellantes ás dun
smartphone, que permitirÃan o seu transporte no peto, é capaz de integrar un
procesador Intel Atom Z3735F de catro núcleos a 1,33 GHz, 2 Gb de memoria RAM, 32
Gb de almacenamento integrado, lector de tarxetas 3 en 1, gráfica compatible
con DirectX 11 e OpenGL 4.3, porto Fast Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, saÃda
HDMI e 3 portos USB 2.0, que destaca por ser compatible VESA (facilitando que poida
colocarse na parte traseira dun televisor ou monitor) e por incluÃr Windows 8.1
(con Bing) preinstalado, simplificando enormemente a súa configuración.
Este equipo está
xa á venda por un prezo de menos de 180 euros, polo que pode resultar unha
boa opción para os que queira levar a oficina no peto, converter o seu
televisor nun centro multimedia ou transformar un monitor informático nun
equipo todo-en-un moi económico. Esta solución tamén pode resultar atractiva para poder gozar de xogos de Steam reproducidos remotamente dende un ordenador máis potente, facilitando achegar grandes tÃtulos ao salón doméstico sen ter que trasladar un voluminoso e anti-estético equipo informático a un comedor.
- Este novo mini-ordenador é compatible VESA, polo que pode colocarse de xeito doado na parte traseira dun televisor ou monitor
VÃdeo de presentación dos novos Zbox Pico