Zuckerberg anuncia que Horizon mellorará os seus gráficos
venres, 19 de agosto do 2022
O anuncio da chegada de Horizon
Worlds a España e Francia chegou acompañado dunha imaxe que simulaba ser un
selfie de Mark Zuckerberg no
mundo virtual que supostamente é o precursor do metaverso, desencadeou unha
manchea de parodias facendo burla do feito de que o nivel gráfico da
aplicación de realidade virtual é inferior ao do xogo dos Sims, estando máis na
liña dos avatares da Wii.
Tal foi o bochorno que Zuckerberg tivo que facer unha publicación para anunciar
que están a preparar actualizacións gráficas para Horizon, de xeito que en
breve esta plataforma de mundos virtuais dará un grande salto gráfico do que presentou unha mostra na que podemos
ver como serÃa o avatar de Zuckerberg e un escenario tridimensional
relativamente realista.
As novidades que chegarán a Horizon presentaranse oficialmente no evento
Connect, que aÃnda non ten unha data fixada, aÃnda que previsiblemente serÃan o
vindeiro mes de outubro.
